publicidade hoxe

Economía e Industria colabora na reforma do entorno do mercado ambulante de Catoira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+
Cores Tourís en Catoira

Cores Tourís en Catoira

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, visitou esta mañá o entorno do mercado ambulante de Catoira, en compaña do alcalde da localidade, Alberto García. Trátase dunha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vai ser modernizado e remodelada polo Concello, ao que a Consellería de Economía e Industria vén de conceder unha axuda que supera os 25.000 euros.

Durante a visita, o responsable territorial e o alcalde, analizaron o estado do entorno do mercado en compaña do xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial Santomé.

Entre as actuacións previstas atópase a instalación dunha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida, a substitución de lousas de pedra país, a colocación dun aparca bicicletas e a instalación dun Punto de Información ao Cliente.

A Consellería de Economía e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por preto de 1,5 millóns de euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en 29 concellos da provincia de Pontevedra, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder. De feito, o montante total de investimento, contando co que aportarán os concellos superará os 2,2 millóns de euros.

Os concellos que realicen melloras nas prazas deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

Estes apoios enmárcanse no novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, unha folla de ruta que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

1 de setembro de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.