publicidade hoxe

Dobre sesión de cinema en Arzúa este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza para este venres, día 25 de setembro, o programa ‘Noite de Cine’. A proposta cinematográfica desta edición contará con dúas sesións no mesmo día, o que conformará unha xornada de diversión para todos os públicos.

As proxeccións realizaranse no Recinto Feiral Terra do Queixo, comezando ás oito da tarde coa película ‘Gru 2. Mi villano favorito’ e continuando ás dez da noite con ‘Gravity’.

O primeiro filme, unha produción de animación e comedia infantil, conta como o coñecido vilán Gru deixou atrás unha vida adicada ás fechorías para criar a Margo, Edith e Agnes. Pero, xusto cando comeza a adaptarse ao seu papel de home de familia, unha organización mundial ultrasegreda adicada á loita contra a mal chama á súa porta e terá que descubrir quen é o responsable dun espectacular e malévolo plan e levalo ante a xustiza.

Por outra banda, en ‘Gravity’, filme premiado con numerosos galardóns, entre eles sete Oscar incluíndo ao de mellor director, Sandra Bullock e George Clooney interpretan a dous astronautas que sofren un grave accidente mentras reparaban un satélite fóra da súa nave e quedan flotando no espazo.

O acceso ás dúas proxeccións será libre e gratuíto. 

24 de setembro de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.