publicidade hoxe

Deteñen en Moaña aos supostos autores dun delito contra a saúde pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoañaSucesosVigo
A-
A+

A Garda Civil detivo a A.R.P., de 31 anos de idade e veciño de Vigo e a CG.DR.P., de 32 anos e con domicilio en Moaña, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, tráfico de drogas. Na tarde de onte unha patrulla do Posto da Garda Civil de Moaña auxiliados por outra da Compañía de Pontevedra, estableceron un dispositivo de identificación selectiva de vehículos na estrada CG 4.1 (PTE. RANDE-CANGAS), punto quilométrico 0, termo municipal de Moaña, onde interceptaron o vehículo marca AUDI, modelo A3. 

Tras a identificación dos dous ocupantes do citado vehículo, ambos con antecedentes por tráfico de drogas, realízase unha inspección do mesmo e despois de desmontar varios paneis móbiles, entre eles un situado no interior do maleteiro que dá acceso ao pase de rodas, atopáronse a uns vinte centímetros de profundidade, 25 “landras” de haxix envolvidas con cinta de carrocero que arroxaron un peso aproximado de 263 gramos. 

Por todo iso procedeuse á detención dos mesmos e á súa condución a dependencias do Posto Principal da Garda Civil de Cangas xunto co vehículo onde se atopaba a droga, para a instrución das correspondentes dilixencias.

Os detidos, que contan con antecedentes policiais por delitos da mesma índole, serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número TRES de Cangas do Morrazo.

23 de setembro de 2015 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.