publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen a unha veciña de Sarria por arroxar ao río 12 cachorros dentro dun saco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSarriaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo este venres a unha veciña do municipio lucense de Sarria por arroxar a un río a 12 cachorros dentro dun saco. Segundo informou a Garda Civil nun comunicado, a detida é unha veciña de Sarria de 44 anos de idade e impútaselle un suposto delito de malos tratos animais. Para proceder á súa detención, contouse coa colaboración da cidadanía e de profesionais veterinarios. A detida foi posta a disposición do Xulgado de Sarria.

25 de setembro de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.