Derradeiras prazas para o curso de cestería en Gondomar
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, a través do programa ACTIVATE da Deputación de Pontevedra vai impartir unha formación sobre un dos oficios mais antigos, A CESTERÍA.
Con este curso dirixido a mocidade do concello pretendemos que os mozos e mozas coñezan e poñan en valor esta actividade que naceu como complemento da agricultura e ante a necesidade de usos cotiás( cestos, cestas, sombreiros, etc) , proporcionándolle facilidades para que coñezan un oficio artesán.
O curso ten unha formación de 40h, vaise desenvolver no concello de Gondomar do 19 ao 30 de outubro.
Se estas interesado ven a Oficina Municipal de información Xuvenil e inscríbete ou chama ao 986.369.746 dende o 21 de xullo ata o 30 de setembro do 2015.