publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Declarado un incendio na nave dunha empresa de Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Bombeiros de Arteixo, en colaboración cos de Betanzos e A Coruña, traballan na extinción dun incendio rexistrado nunha nave da empresa Industrias Caamaño, situada en Culleredo (A Coruña), segundo informaron o servizo de emerxencias 112 e fontes municipais. En torno ás 8,30 horas varios particulares alertaron o 112 da presenza de lume no tellado da nave. Tamén informaban que os traballadores se atopaban no exterior “e que parecía que non había ninguén afectado”, indicaron.

Nalgúns casos, apuntouse á existencia de maquinaria ardendo, aínda que dende o 112 se precisou que se apunta á posibilidade de que o lume comezase nunha zona onde se atopan almacenadas pinturas.

SEN DANOS PERSOAIS

Por parte do Concello de Culleredo, fontes municipais confirmaron que o lume se orixinou nunha nave onde se facían traballos de pulido e pintado. Así mesmo, precisaron que non se rexistraron danos persoais xa que os traballadores foron desaloxados.

Ao igual que o 112, indicaron que se trata dun incendio “de gran magnitude” e que provocou unha intensa humareda, motivo polo que, ademais dos Bombeiros de Arteixo, que se desprazaron nun principio, se incorporaron dotacións dos parques de Betanzos e A Coruña.

Tamén se atopan prestando apoio os servizos municipais de Cambre e Culleredo. Ademais, desprazáronse ao lugar persoal de Medio, da Policía Local e da Guardia Civil.

A empresa está situada na rúa San Fernando, na zona de Alvedro e, entre as súas actividades, figuran o sector da montaxe integral de centros e locais comerciais.

4 de setembro de 2015 | 10:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.