publicidade hoxe

Cores Tourís visita a adega Señorío de Rubiós no remate da vendima na comarca do Condado e a Paradanta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Neves
A-
A+
Cores Tourís na visita á adega Señorío de Rubiós

Cores Tourís na visita á adega Señorío de Rubiós

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou nas últimas horas a adega Señorío de Rubiós de As Neves, en compaña do xefe territorial de Medio Rural e Mar, Miguel Dubois, co obxectivo de comprobar o remate da vendima na comarca do Condado-A Paradanta dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

“O obxectivo desta visita”, engadiu o delegado territorial, “é estar en contacto cos viticultores e bodegueiros para coñecer o seu sentir nesta vendima na que, se estima, vanse recoller, segundo os últimos estudos realizados polo Consello Regulador, entre 32 e 34 millóns de quilos de uva en toda a denominación de orixe”. De feito, xa se recolleron 7,5 millóns de quilos nos últimos días nas subzonas de O Rosal e o Condado.

José Manuel Cores Tourís incidiu no apoio aos viticultores por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar. Deste xeito, destinouse case medio millón de euros este ano para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. “Na denominación de orixe Rías Baixas estes plans permitirán mellorar 32 hectáreas, cunhas axudas que roldarán os 271.256 euros, é dicir, case o 60% do total aportado para a comunidade autónoma”, explicou o delegado territorial.

Señorío de Rubiós creouse en 2005 e conta na actualidade con 14 traballadores e xestiona 32 hectáreas de viñedo en Salvaterra, entre viñas propias e plantacións alugadas. Conta con varios premios, entre eles o Acio de Outro Rías Baixas de 2010, 2011 e 2013, e tres distincións Gallaecia 2014 da Asociación de Sumilleres de Galicia. O espumoso Señorío de Rubiós Condado Blanco Brut Nature logrou tamén a medalla “Gold Outstanding”.

Coa axuda recibida, esta adega levará a cabo a reconversión de viñedo ao longo de 12 hectáreas.

O delegado territorial aproveitou a visita a esta adega para recordar a importancia do sector vitivinícola, non só para a provincia de Pontevedra senón tamén en toda Galicia. “O futuro da nosa comunidade autónoma”, afirmou, “pasa por apostar polos sectores con maior puxanza económica como, neste caso, é o vitivinícola”. Neste senso, recordou que pese á crise, este sector “está a manter o seu volume de venta grazas a compensación nos mercados de exportación que creceron en 2012 nun 18% en comparación co periodo anterior e representando xa o 28,7% do total do viño Rías Baixas comercializado”.

15 de setembro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.