publicidade hoxe

Controlado un incendio forestal rexistrado no concello de Baleira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaleira
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control dun incendio forestal rexistrado no concello lugués de Baleira, parroquia de Martín. O lume iniciouse ás 20:14 horas de onte e quedou controlado ás 16:35 horas de hoxe. No seu control traballaron 1 técnico, 7 axentes forestais, 23 brigadas, 14 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 25 hectáreas, das cales 2 son de monte arborado e o resto de raso.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

10 de setembro de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.