publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio que afectou a unhas 150 hectáreas en Nogueira de Ramuín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNogueira de Ramuín
A-
A+

O incendio forestal rexistrado no termo municipal ourensano de Nogueira de Ramuín quedou controlado este mércores tras afectar a unhas 150 hectáreas. Segundo a información actualizada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, o lume iniciouse sobre as 22,00 horas do martes na parroquia de Nogueira de Ramuín, no municipio do mesmo nome, e quedou controlado ás 13,50 horas tras ser estabilizado ás 9,55 horas deste mércores.

As estimacións provisionais sinaladas polo departamento de Medio Rural sitúan a superficie afectada por este lume forestal nunhas 150 hectáreas. Nos traballos de control participan oito axentes forestais, 27 brigadas, 16 motobombas, dúas pas e tres helicópteros.

9 de setembro de 2015 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.