publicidade hoxe

Comezan os traballos de recuperación do Castro de Remonde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O Concello de Palas de Rei en colaboración coa Fundación Eira da Xoana promoven  os traballos de recuperación do Castro de Remonde. As Obras comenzaron co desbroce de máis de 5 hectarias de terreo pertencentes ó antigüo Castro que se encontra nas inmediacións do Castelo de Pambre e está sendo obxecto de estudo por parte de arqueólogos e especialistas de toda europa. Recentemente, recibiu a visita dun grupo internacional de arqueólogos, británicos, franceses e belgas, para analizar as posibilidades de dito Castro de Remonde.

O grupo internacional que está a traballar no Castro de Travesas, valora a importante relación coas antigas vías de comunicación, non só o Camiño de Santiago, así como co emblemático Castelo de Pambre sito ao frente.

Na primeira fase de actuación preténdese ver a totalidade do castro oculto durante moitos anos. Isto permitirá establecer accións e puntos de interese para futuras actuacións como limpezas máis finas ou a excavación de algún sector.

O proxecto aspira a converter o Castro nun recurso turístico activo xunto co Castelo de Pambre. E ao mesmo tempo criar un espazo educativo no que se podan desenvolver tanto prácticas universitarias de arqueoloxía e turismo, como didáctica para escolares.

Pola súa parte o Concello de Palas pretende recuperar a zona de gran riqueza paisaxística, cultural e histórica que se atopa nas inmediacións do Castelo de Pambre e das Torrentes de Mácara, potenciando así, a posta en valor do noso patrimonio cultural e histórico e destacando outro punto de atración turística no municipio.

16 de setembro de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.