publicidade hoxe

Comezan novos cursos formativos en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Inicio de novos  cursos formativos, hoxe comezan tanto o curso de Organización de Festas Infantís como o Curso de Peixeiro profesional, enmarcados dentro do programa formativo do 2º Semestre do ano 2015,  organizados polo Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Comercio.

O Curso de Organización de Festas Infantís ten como obxecto dotar aos asistentes do curso dos coñecementos adecuados para organizar unha celebración infantil, e está dividido en tres módulos. O módulo 1: Recursos de animación en actividades de tempo libre, onde se tratarán as técnicas de animación e creatividade, desenrolo psicosocial infantil nas actividades de animación e técnicas de intervención en función da diversidade individual e grupal.  Módulo 2: Programación de actividades Infantís – Obradoiros e Técnicas, aquí tocarase a organización das actividades, en función do grupo de idade, diferentes obradoiros de animación, talleres de xogos, técnicas de animación con micrófono en escenario, festas temáticas, magos e contacontos. No módulo 3: Xestión previa de festas infantís estudarase a decoración do lugar e das mesas con exemplos e ideas e as invitacións ao evento. Este curso desenrolarase os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de setembro en horario de 10.00 a 14.00h, na Casa de Cultura de Salvaterra.

E pola tarde dará comezo o Curso de Peixeiro Profesional, na cociña do Parque Público a Acuda. Neste curso impartiranse os coñecementos adecuados para realizar o despacho de peixe de forma adecuada, coñecer o modo de compra dos produtos da pesca na lonxa, realizar o lavado, descabezado, eviscerado, escamado e fileteado de peixes, así como coñecer os sistemas de conservación, con partes teóricas, onde se mirarán os diferentes peixes de auga doce e salada, crustáceos e tipos, moluscos, equinodermos, técnicas de comprobación do grado de frescura do peixe, útiles de traballo e equipos da peixería, normas e características de almacenamento do peixe e marisco, desconxelación de produtos, métodos e efectos, envases e presentación de produtos, hixiene alimentaria na venta de peixe,  cálculo de precios do peixe e técnicas de venta.

Na parte práctica traballarase os procedementos para a limpeza do peixe e preparación para peixes brancos, peixes azules, salmón, cefalópodos e outras especies menos habituais que se traerán para mostrar. Este curso impartirase en horario de tarde, de 16.00 a 20.00h

21 de setembro de 2015 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.