publicidade hoxe

Carral abre o prazo para inscribirse nas escolas culturais, deportivas e educativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

O Concello de Carral presenta a nova oferta dos programas de Escolas Deportivas, Culturais e Educativas, que se iniciarán a partir do 1 de outubro  e se desenvolverán ata o mes de maio.

Entre as actividades que se ofertan destacan bailes de salón, zumba, teatro, fotografía, mountain bike, informática para nenos e adultos, inglés, hockei, baloncesto, patinaxe, teares e tapices, cociña, ximnasia rítmica, debuxo e pintura e tai chi, entre outras. A oferta faise para diferentes localidades do municipio.

Para que unha escola poida iniciar as súas clases é necesario que teñan un mínimo de 15 persoas, e algunhas delas contan cunha limitación máxima de alumnado. Estas últimas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

Para informarse e inscribirse as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura e ao Centro Deportivo (tel. 981 672 580). O folleto coa oferta completa de actividades pode descargarse da web municipal carral.es.

O prazo para inscribirse rematará o 1 de outubro.

14 de setembro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.