publicidade hoxe

Cangas reparte entre as asociacións o recadado do triangular da mancomunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Reparto da recadación

Reparto da recadación

O Concello de Cangas fixo entrega esta mañá da recadación do “Triangular Mancomunidade do Morrazo”, encontro benéfico de fútbol celebrado o pasado mes de agosto. Un evento solidario que recadou para Cangas un total de 505 euros e se repartiron entre tres asociacións canguesas diferentes: Vida Digna, Cáritas e o Comedor Social.

As tres asociacións levaron un carro exactamente igual tanto de importe, valorado en 168 euros cada un, coma de contido. Tras cuestionar ás asociacións cales eran as súas maiores demandas e dado o importe, decidiron empregar os cartos en cueiros, leites, cacao e produtos de aseo persoal. 

O concelleiro de Benestar, Tomás Hermelo, e o seu homólogo, Xoán C. Chillón, agradeceron aos clubs de fútbol o seu aporte solidario. “Sería preciso fomentar estas iniciativas para axudar ás asociacións” pedía Hermelo. Pero sobre todo quixeron destacar a labor que realizan diariamente estas asociacións, un “traballo anónimo e desinteresado” en palabras de Chillón. 

“Temos que pensar onde podemos acabar nós” aludían dende as organizacións a importancia de concienciarse; “hoxe axudas ti, pero mañá poden axudarte a ti”, unha realidade que eles mesmos viven diariamente.

10 de setembro de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.