publicidade hoxe

Cangas presenta unha nova edición da Festa da Navalla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCangas
A-
A+
Presentación da Festa da Navalla

Presentación da Festa da Navalla

Esta mañá presentábase na lonxa de Cangas a “II Festa de exaltación da navalla das Cíes” que se celebra entre o 11 e 13 de setembro. Ao acto acudían a concelleira de Turismo, Tania Castro, o concelleiro de Benestar, Tomás Hermelo, representantes da confraría de Cangas e representantes dos hostaleiros participantes.

Os locales participantes nesta festa gastronómica son: O arco, Tía Brígida, El Padrino, Pandemillo, El Jabuguito, A Curva, Il Popolo, Sol Poniente, O Pelao, Amiladito, Plaza, Aliño, Artemar, Casa Macillos, Cabo Home, Guimeráns e Dos Chata. Tal e como afirmou un dos hostaleiros presentes, Alexandre Moldes, “cada restaurante empregará a súa especialidade para elaborar a navalla” polo que invita a degustar nos diferentes locais as versións deste marabilloso produto.

Ademais da festa gastronómica, haberá unha exposición fotográfica no primeiro andar da Praza de Abastos na que se poderá descubrir o proceso  de extracción da navalla. Así o explicou Suso Pérez, representante da Confraría de Cangas, quen falou en rolda de prensa sobre o proceso: dende a cantidade de kilos que se recollen e o prezo en lonxa ata a influenza que teñen as correntes nas Cíes no produto, xa que estas traen consigo máis nutrientes que fan que “sexan as de Cíes as navallas máis especiais”.

A concelleira de Turismo remarcou a importancia de consumir produto galego xa que repercute directamente no traballo, en verbas dela, “Cangas convértese así en potencia e motor económico para a veciñanza facendo que se propicie deste xeito o traballo” referíndose ao consumo local como potenciación do traballo na vila. Ademais, Castro aproveitou para recoñecer o esforzo que realizan na extracción da navalla e o interese que aporta este produto ao turismo.

Pola súa banda, o concelleiro de Benestar, Tomás Hermelo, acudiu en nome da concelleira de Desenvolvemento Local e Comercio, Ánxela Vizoso. Ao igual que a súa compañeira, Castro, recalcou que cada posto de traballo no mar repercute directamente no desenvolvemento local favorecendo deste xeito o traballo local e da vila.

4 de setembro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.