publicidade hoxe

Cangas convértese en epicentro do voluntariado da Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Entre o 3 e o 11 de outubro celébrase en Cangas o curso básico de Protección Civil organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE). Está enmarcado dentro do plan de estudos do ano 2015 de AGASP e abrangue dúas fins de semana onde 25 voluntarios procedentes de Cangas, Moaña, Marín, Valga, Bueu e Pontevedra aprenderán na base de Protección Civil de Cangas, na Granxa de A Rúa.

O curso consta de seis módulos formativos impartidos por diferentes profesionais e cunha carga lectiva de 32 horas repartidas en:

– Protección Civil. Víctor Blanco (Coordinador Xefe do Servizo de Protección Civil de Lalín).
– Accidentes e autoprotección. José M. Lores (Presidente da Agrupación Civil de Poio).
– Loita contra os incendios. Cesáreo Coya (Responsable Protección Civil Cangas).
– Comunicacións. Carlos Moya (Técnico de Comunicación).
– Primeiros auxilios. Melisandra Rubio (Diplomada Universitaria en Enfermaría, DUE).
– Igualdade de oportunidades. Susana Fernández (Técnica da Consellería de Igualdade e Benestar).

Esta formación enmárcase dentro dos módulos da futura formación regrada que haberá dentro de Protección Civil, co cal logo poderase acceder ás certificación de cualificacións profesionais. Dende Alcaldía, responsable da área, e dende Protección Civil de Cangas, móstranse orgullosos porque a academia confíe na agrupación para desenvolver cursos, empregando as súas instalacións e materiais.

Por outra banda, esta sábado haberá unhas xornadas de colaboración na base de Protección Civil de Cangas realizadas pola Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias (ASGATE) onde persoal da agrupación formará aos técnicos en materia de incendios. A xornada pecharase cunha parte práctica de formación real con varios supostos en incendios.

24 de setembro de 2015 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.