publicidade hoxe

Buenaventura Aparicio presenta un novo libro sobre Ponte Caldelas hai 100 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Presentación do libro

Presentación do libro

O doctor en Historia Buenaventura Aparicio Casado presentará, o vindeiro xoves día 17 ás 20 horas, o seu novo libro sobre o pasado de Ponte Caldelas desde comezos do século XX. O acto, que terá lugar no Centro Cultural, será presentado polo catedrático de Belas Artes José Chavete Rodríguez e contará coa presenza do alcalde, Andrés Díaz, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

“Ponte Caldelas hace 100 años. Una alegría urbana a orillas del Verdugo” é o último traballo deste historiador, vencellado con este municipio a través da súa residencia en Parada, onde rescata dun xeito moi ameno os principais feitos que motivaron o interese da Prensa do momento e que foron recollidos nas páxinas dos desaparecios xornais “El Eco de Puente Caldelas”, semanario que comezou a publicarse no ano 1910 e  “El Explorador de Puente Caldelas”, logo transformado en “El Heraldo de Puente Caldelas”, cuias orixes fíxanse nos principios do ano 1915.

Este traballo non só é un vaciado destes exemplares senón que resulta unha crónica amena da sociedade do momento facendo unha aproximación socioloxica ao perfil da nova Ponte Caldelas urbán que se estaba a crear e construir tendo como nexo de unión o Balneario, as feiras, a emigración, a crónica social e cultural, os sucesos e a incipiente e emprendedora actividade comercial.

Os asistentes a esta presentación oficial e pública en Ponte Caldelas recibirán como agasallo un exemplar deste libro editado a través do Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.

16 de setembro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.