publicidade hoxe

Brión organiza seis cursos de informática para o último cuatrimestre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión organiza seis cursos de formación en informática para este último cuatrimestre do ano 2015. Seis cursos que terán lugar na Aula CeMit de Brión e para os que é preciso un mínimo de 10 anotados para a súa realización. Unhas inscricións que poden realizarse na Casa da Cultura, no 981 50 99 08 ou no mail voluntariado@briondixital.org ata tres días antes do inicio de cada curso.

Así, o Concello de Brión convoca dous cursos de iniciación ao manexo de Windows, por un prezo de 30 euros. O primeiro deles será en xornada de tarde, todos os luns e mércores do 21 de setembro ao 26 de outubro, de 20:00 a 22:00 horas. O segundo será de xornada de mañá, todos os martes e xoves do 22 de setembro ao 22 de outubro, de 10:30 a 12:30 horas. O curso de Línux, que tamén terá un prezo de 30 euros, desenvolverase os martes e xoves entre o 22 de setembro e o 22 de outubro, de 20:00 a 22:00 horas.

No caso do curso de Word, tamén haberá dous grupos e o prezo será de 50 euros. O grupo da mañá terá clases os martes e xoves do 27 de outubro ao 30 de decembro, de 10:30 a 12:30 horas. As clases do grupo da tarde serán os luns e mércores do 28 de outubro ao 11 de xaneiro, de 20:00 a 22:00 horas. Por último, o curso de Writer, que tamén custará 50 euros, desenvolverase os martes e xoves do 27 de outubro ao 12 de xaneiro, tamén en horario de 20:00 a 22:00 horas.

10 de setembro de 2015 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.