publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Brión abre o prazo de inscrición nas actividades para maiores de 60 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión abre o prazo de inscrición nas actividades do Centro Social Polivalente para o curso 2015-2016, dirixidas na súa maior parte a veciños e veciñas maiores de sesenta anos. As actividades darán comezo o xoves 1 de outubro e o prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de setembro no centro social polivalente (981 50 99 10).

Os veciños e veciñas maiores de 60 anos teñen á súa disposición cursos de informática, ximnasia, mente activa e piscina. As cotas trimestrais son de 30 euros por unha actividade, 45 euros por dúas e 60 euros por tres ou catro actividades. Ademais, o Concello de Brión establece un desconto do 50% ao cónxuxe que se apunte nun mesmo número, ou menor, de actividades.

Ademais, o Concello de Brión tamén ofrece clases de manualidades, abertas neste caso a veciños e veciñas de calquera idade. O prezo da matrícula é de 40 euros por trimestre. Así mesmo, dende o Centro Social Polivalente lembran que a renovación do Carné de Baile só poderá realizarse a partir do próximo 1 de decembro. 

8 de setembro de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.