publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As participantes no Curso de Fruticultura Ecolóxica de Lousame visitan explotacións froiteiras de Aranga e Bergondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Visita a unha das explotacións

Visita a unha das explotacións

As veciñas que participan no curso de fruticultura ecolóxica organizado polo Concello de Lousame realizaron unha visita a dúas explotacións de Aranga e de Bergondo para coñecer os seus sistemas produtivos de mazá de mesa e de mazá de sida en ecolóxico. Durante a visita, as alumnas de Lousame puideron coñecer de primeira man a aplicación práctica dos coñecementos que adquiriron ao longo deste curso, de 25 horas de duración. Un curso gratuíto e incluído dentro do Programa de Fomento do Autoemprego das Mulleres subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.

8 de setembro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.