publicidade hoxe

As Festas do Cristo de Cangas sufren modificacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O equipo de traballo das Festas do Cristo que está formado por Eva Rodríguez, concelleira de Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo; Héitor Mera, concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística e Andrés García, concelleiro de Xuventude e Voluntariado continúa traballando nas Festas do Cristo e xunto co Asociación Cangas Vella tiveron que modificar algunhas das actividades das festas por diversos contratempos.

Para hoxe estaban programadas as eliminatorias do Karaoke infantil no Eirado do Costal, mais xurdiron problemas técnicos que impedirán a celebración desta actividade. Polo tanto as eliminatorias celebraranse o vindeiro sábado xunto coa fase final, ás 19:30 no Eirado do Costal. Tódolos nenos que queiran participar poderán  realizar as inscripcións na Casa da Xuventude en horario de mañá.

Outro acto que sufrirá unha variación é a Pinchada con Pinchos do domingo ás 12 do mediodía. Finalmente levarase a cabo no Eirado do Sinal, onde se poderá disfrutar dun magnífico concerto de Querido Extraño que servirá para poñerlle o broche de ouro a estas Festas do Cristo 2015.

 

2 de setembro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.