publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As entidades de Malpica xa poden solicitar o uso de espazos nos locais municipais para desenvolver as súas actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

Co curso escolar tamén comezan as actividades das Escolas Culturais do Concello de Malpica e as actividades organizadas polas asociacións nas diferentes parroquias. Co obxecto de organizar axeitadamente os espazos dispoñibles, a Concellería de Educación, Cultura e Turismo abre un prazo para que as entidades presenten as súas solicitudes para o curso 2015-16.

Os edificios municipais nos que poden solicitar salas son o Centro Cívico de Malpica, a Casa da Cultura de Seaia, o Centro Sociocultural de Beo,  a Escola Unitaria de Pontella,  o Centro Sociocultural de Mens, o Centro Sociocultural de Barizo, o Centro Sociocultural das Pozacas, o Centro Sociocultural de Cambre e  a Escola Unitaria de Leiloio.

O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro mércores 15 de setembroe as entidades poden formalizar as súas demandas no Rexistro Xeral do Concello de Malpica. Estas pódense realizar a través dun escrito onde consten os datos da entidade solicitante e o local municipal, sala e horario para a que se solicita, así como a finalidade. 

Sempre que sexa posible tratarase de respectar as demandas de local, sala e horario que cada entidade realice. Nos casos en que non sexa posible, por coincidir con horarios de actividades doutras entidades ou do propio Concello, e sempre despois de falar coas entidades interesadas, procederase a ofrecerlles outra sala ou horario que reúna as características que a actividade precise  dentro dos espazos dispoñibles.

6 de setembro de 2015 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.