publicidade hoxe

As asociacións reúnense para elixir aos representantes no Comité de Irmandamento con Malpica de Tajo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

As entidades inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Malpica de Bergantiños están convocadas para mañá coa finalidade de elixir aos seus representantes no Comité de Irmandamento con Malpica de Tajo (Toledo).

Segundo o acordo plenario adoptado o pasado 26 de marzo, o comité estará integrado por catro membros da corporación municipal, un por cada grupo político; un traballador da área de Cultura, Educación e Turismo, e tres representantes do movemento asociativo.

O obxectivo do irmandamento é, tal como se recolle no acordo plenario, “establecer lazos de relación e amizade permanente con Malpica de Tajo en orde a un mellor coñecemento, entendemento, intercambio de experiencias e cooperación mutuas dende a liberdade e o respecto aos dereitos dos homes e das vilas”.

A reunión das asociacións está convocada para mañá ás 20.30 horas no auditorio do Centro Cívico. As entidades proporán a tres representantes para proceder á constitución do comité e levar a cabo o irmandamento entre ámbolos concellos.

8 de setembro de 2015 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.