publicidade hoxe

Apróbase unha modificación puntual do PXOM de Sarria para ampliar o asentamento industrial de Betote

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas vén de notificar ao concello de Sarria a orde de aprobación definitiva da modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipais para a regularización e ampliación do asentamento industrial de Betote.

A modificación que delimita un ámbito de 7,42 hectáreas con acceso pola C-546, situado a uns 2,6 Km. de Sarria, no lugar de Balmao, incluíndo terreos das parroquias de Betote e Vilar, concíbese como un único ámbito dividido en dous polígonos. No ámbito delimitado existe un asentamento de actividades económicas (terciarias e industriais) que ocupa unhas 4,57 hectáreas, constituído por 9 naves principais e outras edificacións menores ou complementarias. Trátase dun asentamento xurdido en solo rústico na década dos 90, que conta con autorizacións autonómicas para parte das naves.

A orde de aprobación definitiva foi emitida tras verificar os técnicos autonómicos que a nova documentación remitida polo concello a finais de maio corrixe as indicación recollidas na Orde de Non Aprobación do pasado 2 de febreiro de 2014, nomeadamente:

• Avaliación ambiental: Incorporáronse as determinacións esixidas pola Memoria Ambiental de 24 de abril de 2014. Inclúese no informe de sostibilidade ambiental o informe requirido polo órgano ambiental en relación coa integración das determinacións finais da memoria ambiental.

• Acreditación das edificacións rematadas antes do 1 de xaneiro de 2003: O novo proxecto xustifica as súas determinacións mediante fotografía aérea de data agosto de 2002, certificado de antigüidade, informe municipal e base topográfica da Xunta de Galicia de 2003.

• Cómputo de prazas de aparcamento: Cumpren coas esixencias establecidas pola lei. A ordenación prevista contempla unha reserva mínima de 236 prazas, resultantes de aplicar unha praza por cada 100 m2 de edificabilidade industrial, das cales un cuarto serán públicas.

10 de setembro de 2015 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.