publicidade hoxe

Apertura do prazo de solicitude para o curso preparatorio para a obtención do título da ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), vaise a por en marcha un curso preparatorio para a proba libre para a obtención do título en ESO. Para poder asistir a dito curso hai que formalizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224, e – mails: aio@concellodegondomar.com e cim@concellodegondomar.com entre o 17 de setembro e o 13 de outubro.

Cursos de Formación On-Line

Por outra banda, dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. A oferta formativa deste ano será: Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, Comedor escolar (incluído o título de manipulador/a de alimentos), Animación e xestión cultural, Técnicas de comunicación con persoas dependentes, Autoemprego. Cómo crear a túa propia empresa, Habilidades comunicativas de atención ao cliente/a

Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que xa se leva traballando os últimos sete anos. Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos, de entre 150 e 50 horas,  e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se conta cun total de 60 prazas que serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpran cos requisitos.

Para poder realizar de algún destes cursos hai que formalizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224, e – mails: aio@concellodegondomar.com e cim@concellodegondomar.com entre o 17 de setembro e o 2 de outubro.

10 de setembro de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.