publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para as actividades municipais en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia xa abriu o prazo de inscrición para anotarse nas actividades municipais. A maiorías das actividades darán comezo en outubro e as persoas interesadas poden realizar as inscricións nas oficinas do Concello en horario de 08:00 a 15:00 horas.

Os rapaces do municipio, segundo a programación elaborada polo Concello de Ribadumia, poderán participar ao longo da semana nas escolas deportivas de xadrez, tenis, patinaxe, judo, baloncesto e danza moderna. Tamén está aberto o prazo de inscrición para anotarse na escola deportiva de piragüismo, aínda que a actividade non se celebrará ata a primavera.

Para as persoas maiores, como xa se comunicou anteriormente, tamén está aberto o prazo para o taller de Memoria e Psicomotricidade, que se celebrará os luns e mércores na Casa da Cultura de Ribadumia, e para a actividade de Ximnasia e Mantemento os martes e xoves no ximnasio de Cabanelas. 

Entre as actividades municipais tamén se oferta Body Jump e Pilates, en horario de tarde no Centro Social de Lois, e coa posibilidade de facer un grupo de pilates pola mañá no Centro Social de Barrantes sempre que se conte cun mínimo de persoas inscritas.

Ademais, continúa aberto o prazo de inscrición para o taller de Agricultura Ecolóxica, que comezará o luns 19 de outubro no Centro Social de A Piolla en horario de 09:30 a 13:30 horas.

Programa de actividades 

Os cidadáns de Ribadumia recibirán nas súas casas un programa completo das actividades municipais que se celebrarán durante o trimestre de outubro, novembro e decembro. 

O equipo de goberno decidiu incluír tamén neste programa as actividades organizadas polas entidades municipais  e a relación de subvencións en vixencia co respectivo prazo de presentación de solicitudes.  

19 de setembro de 2015 | 20:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.