publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición nos cursos do ximnasio municipal e da casa de cultura en Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

O Concello de Tordoia ten aberto o prazo de inscrición das actividades que se van a desenvolver no ximnasio municipal ao longo da tempada 2015/2016.Entre os cursos ofertados, atopamospilates, pilates adaptado, step, expresión corporal infantil, multideporte e bokwa. 

Para máis información ou ben inscribirse, os interesados deberán acudir aoximnasioonde o persoal técnico lles aclarará todo tipo de dúbidas.

Informática, telefonía e búsqueda de emprego

Por outra parte, tamén van a ser impartidos tres cursos na casa de cultura da Pontepedra, un de Informática (interent e novas tecnoloxías), outro de Telefonía Móbil (manexo do móbil, aplicacióins, etc…) e outro de Técnicas de búsqueda de emprego.

Calquerapersoa que desexe informarse ou anotarse, deberá facelona casa de cultura ou ben chamando ao 981.683.006 en horario de 16:00 horas a 21:00 horas.

28 de setembro de 2015 | 12:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.