publicidade hoxe

Andaina en Salvaterra para acometer a limpeza do río Miño e Tea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de  Miño e a empresa  Mascato, afincada no Polígono Industrial Chan da Ponte, organizan para este sábado 3 de outubro, ás 10.00h unha andaina para a limpeza dos marxes do Río Miño e Tea.

A saída será ás 10.00h do Parque “A Canuda” e irase ata a Ponte “Cordeiro” onde se fará unha parada para almorzar  e voltaremos.

Un paseo polo pasaxe natural dunha das nosas maiores riquezas, os nosos ríos, ademais de por o noso gran de area no seu coidado e protección. Animamos a todos aqueles que queiran pasar unha mañá diferente disfrutando do medio ambiente, da natureza e colaborando na boa saúde dos nosos ríos que se una a nos nesta iniciativa.

29 de setembro de 2015 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.