publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Alto do Cruceiro organiza unha nova edición da Festa do Ramo esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Esta Festa está organizada pola ASOCIACIÓN DE FESTEXOS “ALTO DO CRUCEIRO”, da cal formamos parte, e organizamos por noveno ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal vai ter lugar no Alto do Cruceiro o venres, 2 e o sábado 3 de outubro. Antes de pasar a outras cousas, decir que esta Festa a recuperamos nós despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, concretamente no Centro Social, nun espazo cultural inaugurado o paso ano e que está adicado a un dos promoteros desta festa, Onofre Louzao, falecido hai un par de anos.

 Este espazo está  ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, a uns 150 metros, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bós dias climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, decir que a Festa VAISE CELEBRAR BAIXO UNHA CARPA, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha maior comodidade dos nosos visitantes, dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.

En canto ao amplo programa de actividades, destacamos a celebración, na súa NOVENA EDICIÓN, da FESTA DOS CALLOS o venres, 2 de outubro.  Trátase, loxicamente, dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos aos asistentes consiste no seguinte: os participantes, pola módica cantidade de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e  un viño.   En total temos preparadas máis de  1.000 racións, que esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa imos ter un posto onde os visitantes van poder adquirir tikets por valor de 5 €uros, os cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bó programa de baile a partires das 11  da noite, baile que estará amenizado pola orquestra “CHARLESTON BIG BAND” e unha DISCOTECA MÓVIL.

En canto ao programa de actividades do sábado, 3 de outubro, temos:

- 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.

-14:00 horas: Sesión Vermú a cargo da “ORQUESTRA DELIRIO”.

-18:00 hora: Partido de solteiros contra casados, nun campo anexo ao da festa.

-22:30 horas (10:30 da noite): Verbena coa “ORQUESTA DELIRIO” e o “GRUPO FÉNIX”.

Por último, a Comisión quere darlle as gracias a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboran coas nosas Festas:  Concello de Xove, comercios da zona e un agradecemento especial para tódolos nosos veciños.

30 de setembro de 2015 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.