publicidade hoxe

Alfonso Rey faise co XXII Campionato Provincial de Rastro de Coello celebrado en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

Alfonso Rey Baúlde, con 542 puntos, foi o gañador do XXII Campionato de Rastro de Coello celebrado en Ponte Caldelas. En segundo lugar clasificouse Víctor Casqueiro, con 487 puntos, e en terceira posición, Sergio Martínez, con 436 puntos. O xantar de confraternidade e a entrega de premios tivo lugar no Teleclub de Caritel. O alcalde, Andrés Díaz e o concelleiro de AVP José Manuel Martínez colaboraron na entrega dos galardóns aos primeiros clasificados.

A organización do evento correu a cargo da Federación Galega de Caza e contou coa colaboración da Sociedade de Caza Verdeseixo e o Concello de Ponte Caldelas. Os tres gañadores da proba formarán a selección provincial de Pontevedra no Campionato Galego e aboaráselles desde a Federación a inscrición correspondiente.

Na cerimonia de entrega de premios o alcalde, Andrés Díaz, felicitou aos gañadores e saudou aos participantes nesta proba deportiva. O rexedor deulles a benvida ao concello de Ponte Caldelas e animounos a realizar unha prática deportiva en harmonía coa natureza na confianza de que os auténticos cazadores son os verdadeiros preocupados na conservación de potenciación da flora e da fauna dos nosos montes.

Díaz reiterou o apoio do Concello de Ponte Caldelas a tódalas iniciativas deportivas e societarias postas en marcha no municipio e avogou por unha maior e máis estreita colaboración entre a Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo, a Federación Galega de Caza e a institución que dirixe para acadar unha maior proxección deste tipo de actividades deportivas cun profundo e esmerado coidado do medio ambiente.

30 de setembro de 2015 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.