publicidade hoxe

Agustín Reguera xestiona en Madrid a mellora da seguridade viaria na N-550 ao seu paso por Arcade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Agustín Reguera na reunión en Madrid

Agustín Reguera na reunión en Madrid

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou a semana pasada, o Ministerio de Fomento para concretar melloras na seguridade viaria do acceso a Arcade pola N-550. Unha vella reivindicación que foi aceptada polo Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, quen se comprometeu a iniciar unha primeira fase de melloras nos próximos meses.

Durante o encontro, o alcalde expuxo a súa preocupación polo actual estado das medidas de seguridade viaria na N-550, tanto lumínicas como de velocidade en toda a travesía de Arcade, e puxo no seu coñecemento a alta sinistralidade da mesma. Pola súa banda, o Secretario Xeral mostrouse receptivo ante a solicitude do rexedor, comprometéndose a iniciar nas próximas semanas a licitación para os traballos dunha primeira fase de mellora que comprenderá os sistemas de iluminación e a instalación de infraestruturas de seguridade como beirarrúas inexistentes no tramo final da feira de Arcade.

Ademais de concretar as medidas a realizar nesta primeira fase, o encontro tiña como obxectivo solicitar a construción dunha rotonda na zona da Feira,  que contribúa a regular o tráfico dunha maneira máis eficiente nas distintos cruces do lugar, ademais de reducir a velocidade dos vehículos neste tramo. Dita solicitude foi aceptada de bo grado polo representante de Fomento, quen se comprometeu a iniciar un estudo sobre esta posibilidade así como a súa inclusión nunha futura segunda fase de mellora para este tramo.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, tras a reunión mostrouse moi satisfeito polos acordos alcanzados que lle permitirán cumprir unha vella reivindicación dos veciños de Arcade. “Conseguir reducir a sinistralidade na zona que ademais é moi frecuentada por peregrinos e mellorar os xiros onde se atopa o centro de saluz de Arcade ten que ser o noso obxectivo para maior tranquilidade dos veciños e visitantes. Non cexaremos no empeño ata que estas melloras sexan unha realidade”.afirmou o rexedor.

28 de setembro de 2015 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.