publicidade hoxe

Aforo completo para as Xornadas de Percusión Tradicional en Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

Mañá, día 19 de setembro de 2015, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as IV Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar na Casa da Cultura do Concello de Brión (Carballeira de Santa Minia, nº 5 , Concello de Brión). No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán ao Pandeiro e á Pandeira como protagonistas.

O encargado de impartir os obradoiros prácticos destos dous instrumentos será Luis Prego, estudoso e investigador do folclore galego, autor dos libros “Para cantar e bailar” e “ Xogos musicais”, así como de diversos artigos sobre a música e o baile tradicional en revistas e publicacións especializadas. Na actualidade imparte clases de baile, gaita, requinta, acordeón, percusión tradicional e canto en varios concellos da Provincia de Pontevedra.

Os obxectivos destos obradoiros son:

– Aprender as bases técnicas destos instrumentos, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días e as variantes locais.

– Crear un punto de encontro para poñer en contacto e establecer unha continua comunicación entre aquelas persoas relacionadas co mundo da percusión tradicional galega.

– Estudar as formas e usos destes instrumentos de percusión dentro da música tradicional galega.

– Divulgar estos instrumentos e promover o seu coñecemento.

– Incentivar o interese dos músicos do país por este instrumento.

A Xornada iniciarase ás 10.00 horas e rematará as 14.00 horas.

18 de setembro de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.