publicidade hoxe

Actuación musical no Auditorio de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Auditorio Municipal de Ribadumia volve a abrir este domingo as súas portas despois do parón de verán con unha actuación musical a cargo da Banda Unión Musical de Meaño.

A Banda, que estará dirixida por Diego Javier Lorente López, inclúe a novidade de integrar voz, piano e narración. A voz correrá a cargo de Silvia Ferré, o piano a cargo de Alfredo Susavila e a encargada da narración será Belén Xesta.

Xuntos interpretarán o concerto “Unha noite de amor con Lela”, que incluirá un repertorio en galego e castelán. 

A actuación terá lugar este domingo 27 de setembro no Auditorio Municipal de Ribadumia a partir das 19:30 horas; e así darase por comezada a programación do Auditorio Municipal de Ribadumia despois do descanso de verán.

25 de setembro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.