publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Nogueira de Ramuín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNogueira de RamuínSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo rexistrado no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia de Carballeira. O lume iniciouse onte ás 21:53 horas e, segundo estimacións provisionais, afecta a unha superficie dunhas 40 hectáreas. Nos traballos de control participan 3 axentes forestais, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

11 de setembro de 2015 | 10:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.