publicidade hoxe

ABANCA e os empresarios de Terra de Caldelas alíanse para impulsar o acceso ao crédito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro Caldelas
A-
A+

ABANCA e a Federación de Empresarios Terra de Caldelas(FETECAL) acaban de renovar a súa colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes desta comarca ourensá. A presidenta da FETECAL, Flora Castro González, e o director de zona en Ourense Este, Diego Daniel Fernández Borrajo, rubricaron un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial de Galicia.

O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para facilitar o financiamento, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

Dende as oficinas de ABANCA tamén se facilitará a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Ourense, así como outros convenios do ICO, Igape e SGR.A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.

Para facilitar a competitividade no mercado dos asociados, os clientes poderán acceder ao novo servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, chamado APLAZOS. Deste xeito, permítese simplificar e axilizar o financiamento instantáneo de produtos e servizos.

Os profesionais pertencentes a esta asociación poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

FETECAL naceu no ano 1997 e xa agrupa os intereses de case 50 comerciantes e empresarios da comarca de Terra de Caldelas, que exercen a súa actividadenunha ampla representación de sectores estratéxicos. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

4 de setembro de 2015 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.