publicidade hoxe

A Xunta informa ao Concello de Ponteareas do incremento de servizos de transporte interurbano cara ao novo hospital de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

Ponteareas é un dos 20 concellos da área de Vigo que estarán conectados co novo hospital Álvaro Cunqueiro  mediante liñas directas de autobús. Ponteareas conta con servizos dende o mes de Xullo, que se ampliarán nas vindeiras semanas unha vez entre en funcionamento as novas liñas da compañía E. Rául, que suporá pasar de catro frecuencias diarias a 13 de ida e volta.

Ademais, segundo informou hoxe a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, durante unha reunión mantida co alcalde de Ponteareas, Xosé Represas,  a Xunta está a contratar un estudo para a mellora da penetración das liñas de transporte interurbano na cidade de Vigo, cuxa implantación suporá unha auténtica revolución do transporte para os veciños de Vigo ao permitirlles acceder ata o centro da cidade en lugar de ata a estación. Esta conexión sería positiva tamén para os transbordos cara ao hospital, ao poder identificarse puntos de parada de bus interurbano que proporcionen unha conexión óptima co urbano. 

A directora informou tamén ao alcalde do Sistema de Axuda á Explotación (SAE) que estará implantado en todas as liñas en 2016 e que permitirá coñecer mellor a oferta de servizos e planificar as viaxes e transbordos. 

De Lucas recordou que, en termos xerais, a mellora das conexións ao hospital pasa por unha boa coordinación co urbano, para o que a Xunta aposta pola cooperación co Concello de Vigo para adaptar as frecuencias e paradas do Vitrasa ás liñas interurbanas..

Así, en Helena de Lucas explicou que os servizos directos teñen que complementarse con servizos con transbordo ao transporte urbano, o que pasa por un incremento de frecuencias do Vitrasa dende a Estación de Autobuses. 

Durante a reunión a directora xeral manifestou tamén a aposta do Goberno galego pola extensión do Plan de Transporte Metropolitano a novos concellos, se ben explicou que a incorporación cada novo integrante precisa dun estudo de implantación detallado, cuxa elaboración require tempo. 

Por último, durante a reunión, a directora xeral tamén lle ofreceu ao alcalde de Ponteareas a cesión para a xestión municipal da estación de autobuses e, ante o ante o rexeitamento desta opción, avanzou que se axilizará unha nova licitación desde a Xunta. 

A licitación da estación quedara deserta no pasado, polo que estanse a revisar os pregos para volver a licitala antes de que remate este ano. 

O alcalde de Ponteareas manifestou a súa vontade de pechar a estación a finais do ano de non ter ningunha empresa interesada na súa xestión.

9 de setembro de 2015 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.