publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta entregará en breve ao Concello de Ames o sistema de abastecemento que tamén dará servizo a Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesBriónLocal Portada
A-
A+

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, informou esta mañá aos alcaldes de Ames, José M. Miñones, e de Brión, José L. García, de que o departamento que dirixe entregará nas próximas semanas á administración local de Ames o sistema de abastecemento, que tamén dará servizo á poboación de ambos os dous concellos.

Mosqueira trasladoulle aos rexedores que as obras están xa están rematadas e, na actualidade, Auga de Galicia está a facer as probas de comprobación de todos os equipos instalados, traballos que se prolongarán por un período de entre 3 e 4 semanas máis. A finalidade destas probas é poder substituír os equipos que presenten rendementos inadecuados e, sobre todo, para garantir que as instalacións se entregan en perfectas condicións.

Así, unha vez acabado o período de probas, Augas entregará as instalacións ao concello para a súa explotación, co fin de que sexan as entidades municipais as que xestionen o sistema de abastecemento.

O director de Augas de Galicia recordou que, a partir desa data, e para cumprir coas súas competencias recollidas na Lei, a administración local será a encargada do mantemento e explotación da infraestrutura, tal e como se comprometeu no momento en que solicitou a colaboración da Xunta para a execución da obra

A Consellería de Medio Ambiente destinou un orzamento de 8,2 millóns de euros, que permitiu completar o sistema de abastecemento e garantirá a súa subministración de auga futura. Augas de Galicia mantén a súa colaboración técnica para aclarar as dúbidas que o Concello de Ames ou o de Brión teñan ao respecto das obras executadas e do seu funcionamento.

A nova ETAP, situada nas proximidades do lugar da Ponte Maceira, ten unha capacidade de 175 litros por segundo, o que suporá unha mellora substancial no servizo que se presta actualmente aos habitantes os municipios de Ames e Brión.

24 de setembro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.