publicidade hoxe

A Xunta adxudica as obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plisan

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesLocal PortadaSalvaterra de Miño
A-
A+

As obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra do Miño-As Neves (Plisan) iniciaranse no próximo mes de outubro, unha vez adxudicada hoxe dita obra polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). A obra foi adxudicada á UTE Construcciones Taboada y Ramos, S.L.-Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA) – CIVISGLOBAL, S.L.U., por un importe de 10.281.854 euros, IVE incluído, e cun prazo de execución de 18 meses.

Estes traballos deixarán habilitada a zona máis próxima ao enlace coa autovía, pero tamén dará servizo á totalidade do ámbito da Plisan, que se desenvolverá por fases.

As obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plisan adxudicadas hoxe comprenden a construción e pavimentación do viario definido no proxecto sectorial como sistemas xerais, incluíndo o alumeado e as conducións necesarias para abastecemento, saneamento, gas ou telecomunicacións, para dar servizo ás parcelas das distintas áreas incluídas dentro da plataforma loxístico-industrial.

A lonxitude do viario e das conducións que o acompañan superan os 3.700 metros lineais e a superficie pavimentada superará os 110.000 metros cadrados.

A obra de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra do Miño-As Neves foi licitada e adxudicada pola Administración autonómica en virtude do acordo tomado pola comisión de seguimento formada polos tres organismos promotores da Plisan: a Autoridade Portuaria de Vigo, o Consorcio da Zona Franca e a Xunta de Galicia.

O mesmo acordo da comisión de seguimento establece que a Autoridade Portuaria de Vigo será a entidade encargada dos traballos facultativos de replanteo, dirección, inspección e liquidación da obra, así como da vixilancia e coordinación de seguridade e saúde da mesma.

O financiamento das obras licitadas corresponderá aos tres organismos que interveñen no proxecto, coas seguintes porcentaxes:

• Autoridade Portuaria de Vigo: 60,58%.
• Consorcio da Zona Franca de Vigo: 21,125%
• Xunta de Galicia: 18,295 %

18 de setembro de 2015 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.