publicidade hoxe

A Policía Local de Cambre finaliza a campaña informativa sobre as zonas azuis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A Policía Local de Cambre levou a cabo no último mes e medio unha campaña informativa sobre as zonas azuis de estacionamento, as chamadas zonas de parking exprés, para concienciar aos veciños da importancia deste tipo de espazos rotativos, en diferentes zonas urbanas do concello, destinados a ampliar as prazas para axudar ao comercio local e para facilitar as xestións no consistorio e resto de dependencias municipais.

Así, desde que se implantou a nova zona azul  na porta do Concello a Policía Local avisou por medio dun escrito aos condutores que non colocaron ningún papel indicando a súa hora de chegada, e por tanto que incumprían a ordenanza municipal. Até o momento os axentes non sancionaron a ningún veciño na citada zona, pero a partir do día 15 a campaña informativa finalizará e os axentes deberán cumprir a ordenanza.

Por iso, dado o elevado número de condutores que non se decataron do espazo reservado durante estas semanas, o executivo local roga aos veciños que estacionen os seus vehículos na porta do Concello para realizar as súas xestións que indiquen nun papel a hora de chegada que os habilita a estar durante media hora de forma gratuíta no espazo reservado. Aseguran que, a pesar dos sinais que indican a zona azul, moitos seguen estacionando durante horas sen sinalar a súa hora de chegada e por tanto exponse a ser multados con 90 euros. Nestes momentos, existen varias zonas azuis nos espazos urbanos, case medio centenar de prazas en todo o municipio, en O Amorne (rúas Tapia, Constitución, P.M Cobas, Otero Pedrayo, unha na Barcala (rúa Río Brexa), e outra en Cambre, na porta do Concello.

9 de setembro de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.