publicidade hoxe

A organización do Rally da Coruña mostra as súas condolencias e ponse a disposición das familias das vítimas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambreCarral
A-
A+
Europa Press

A organización do Rally da Coruña, a escuadra One Seven, expresou este luns as súas condolencias aos familiares das vítimas do accidente de Carral (A Coruña), á vez que se puxo a disposición destas e dos feridos “para axudar en todo cando precisen”. “Estamos todos convosco”, sinalou nun comunicado feito público a través de Facebook, no que mostrou o seu “máis profundo pésame, así como o máximo respecto polas vítimas, feridos, e as súas respectivas familias”.

“Todos os membros da escuadra e o mundo do automobilismo en xeral unímonos á súa dor”, engadiu, antes de subliñar que a vida nos pon a proba “día a día”. “Pero xamais estaremos preparados para unha fatalidade como esta”, admitiu, tras aseverar que a organización está “completamente rota” de dor.

Finalmente, expresou tamén “todo o seu apoio” ao piloto e ao copiloto do coche que sufriu o accidente no rally e que causou a traxedia. Para eles “tamén son momentos realmente difíciles”, concluíu.

7 de setembro de 2015 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.