publicidade hoxe

A Laracha incorpora un remolque de emerxencias, equipamento e material para Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha mellora o equipamento que estará a disposición da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil incorporando un remolque de emerxencias dotado co correspondente material e ferramentas (desbrozadora, motobomba, xerador, motoserra, etc) que permitirá facilitar o desenvolvendo das labores de emerxencia e primeira intervención.

O novo equipamento foi entregado hoxe por Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia, ao alcalde, José Manuel López Varela, e a tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, no acto desenvolvido na sede da Academia Galega de Seguridade en A Estrada.

O remolque de emerxencias e o equipamento foron financiados integramente por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia no marco das convocatorias dirixidas a municipios de menos de 50.000 habitantes que contasen con Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

9 de setembro de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.