publicidade hoxe

A Laracha acolle unha charla informativa sobre o programa Galeuropa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, no marco da Iniciativa de Emprego Xuvenil cofinanciada polo Fondo Social Europeo, ten actualmente en marcha o programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais de mozos de entre 16 e 25 anos de idade e que se atopen en situación de desemprego.

Mañá mércores a Asociación Xuvenil Muxema impartirá na Casa da Cultura da Laracha a partir das 20:30 horas unha charla informativa sobre este programa de interese para a mocidade. A entrada e participación no acto son libres e gratuítas. 

Galeuropa ofrece aos mozos que estean inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil a posibilidade de realizar dous meses de prácticas profesionais (do 1 de outubro ao 30 de novembro) en Italia e Portugal. Os propósitos son mellorar tanto a súa formación mediante a adquisición de experiencia no sector privado como a competencia en linguas estranxeiras.

O programa cubre os gastos dos participantes no referente a aloxamento, manutención, curso de idioma, seguros, transporte local e viaxes internacionais. A través de Muxema pódense realizar as xestións e trámites oportunos para solicitar ser beneficiario dunha bolsa de Galeuropa..

Existen prazas dispoñibles nos sectores da administración, economía, enxeñería, forestal, turismo, tradución, avogacía, ciencias políticas, xornalismo, profesorado, traballo social, enfermería, agrónomo, tipógrafos, deseño de moda, psicoloxía, cociña, informática, arquitectura, servizos sociais, técnico de tempo libre e hostalería.

15 de setembro de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.