publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A GDR Terras do Deza aproba un novo proxecto da Cooperativa O Rodo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínRodeiro
A-
A+

A xunta directiva do GDR Terras do Deza, presidida por Luis López Diéguez  reuniuse o mércores 9 de setembro para aprobar un proxecto que solicitara a Cooperativa O Rodo en meses anteriores. A iniciativa consiste na adquisición dun carro mesturador que lle permita conseguir a redución de custos de produción xa que, este carro, ten un motor de baixo consumo de carburante e contaminación. 

Cun investimento de 185.000,00 € e cunha subvención da ADR Terras do Deza, do 35 %, que supón un montante de 64.750,00 €, a Cooperativa de O Rodo con sede no Concello de Rodeiro, adquirirá nos próximos días un novo carro mesturador da marca KUHN.

O obxectivo será a utilización do novo carro para a mestura do penso, alfalfa, millo, silos, etc. que empregarán na alimentación do gando, tentando así obter mellor rendemento na lactación e que, as fluctuacións de produción do mesmo se reduzan xa que, obterase unha mestura homoxénea durante todo o ano, alternando os diferentes compoñentes da mesma. Trátase dun carro que se adaptaría perfectamente ás explotacións de gando industriais como aos usos colectivos, como é o caso da cooperativa.

Ademais dispón dun terminal que xestiona por unha banda os datos relativos ao mantemento da máquina, e doutra banda, e máis importante que pode almacenar 80 porcións con 15 compoñentes distintos, memorizando até 10 lotes de descarga, o que garante ás explotacións a transmisión destes datos ao computador e o perfecto seguimento das operacións efectuadas.

O Alcalde de Rodeiro e presidente da ADR Terras do Deza, no marco das súas competencias, fixo un seguimento especial a este proxecto xa que, é perfectamente consciente da problemática que están a vivir os gandeiros de Rodeiro e da comarca do Deza nestes meses e, coa aprobación deste proxecto prevese que se poida axudar a reducir eses custos de produción leiteira.

10 de setembro de 2015 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.