publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil intervén 40 plantas de marihuana nun monte de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLousamePortada dereita
A-
A+
Europa Press
Marihuana requisada

Marihuana requisada

Axentes da Garda Civil incautáronse de 40 plantas de marihuana que se atopaban nun monte do lugar de Pascual-Lousame, no municipio coruñés de Lousame, nunha leira aberta. As plantas estaban ocultas entre as árbores e a maleza e atopábanse en macetas e en barreños de plástico, segundo concretou o Instituto Armado.

Esta incautación levouse a cabo no marco dos labores que os axentes teñen encomendadas en canto á vixilancia e prevención de incendios forestais, segundo destacan as mesmas fontes, que indicaron que as plantas incautadas arroxaron un peso de oito quilogramos. A investigación continúa para a identificación do dono da marihuana, a cal será entregada no Xulgado de Instrución Número 1 de Noia.

7 de setembro de 2015 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.