publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil detén aos presuntos autores dunha vintena de roubos na provincia de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLalínLocal PortadaPontecesuresPortada dereitaSucesosValga
A-
A+

A Garda Civil de Lalín detivo a tres persoas como supostos autores dunha vintena de roubos cometidos durante os últimos meses nas comarcas do Deza e Tabeirós, no norte da provincia de Pontevedra. As investigacións, levadas a cabo polo Equipo de Investigación do Posto Principal de Lalín propiciaron a detención de tres individuos momentos despois de perpretar dous roubos en senllos bares do núcleo urbano da localidade de Valga, a madrugada do día 3 do actual.

No momento das detencións intervíuselles distinto material e ferramentas que usaban para forzar as portas e xanelas, así como 200 €uros que subtraera nun dos bares.

Os sospeitosos estaban a ser obxecto dun especial seguimento, por parte da Garda Civil como presuntos autores dos roubos que se perpetraron durante os últimos tres meses en distintos bares e cafetarías das localidades de Lalín, A Estrada, Pontecesures e Valga, onde subtraían as recadacións das máquinas recreativas e rexistradoras.

Por mor destas detencións, nas que se lles interveu distinto material e ferramentas para forzar portas e xanelas, e en base ás investigacións que viñan realizando, púidoselles imputar a suposta comisión dunha vintena de roubos, entre eles: Bar JARDIN e Bar RODRÍGUEZ, de Lalín; Mesón A Estrada e Casa NEIRA na Estrada; o Bar POTEL e o Bar MANEIRO en Valga.

Os detidos, todos eles residentes na cidade de Pontevedra, teñen antecedentes policiais por feitos similares. Un deles xa fora detido hai uns meses polo roubo na gasolineira GALP de Bendoiro (Lalín) e os outros dous por varios roubos en distintos bares de Lalín. 

Os arrestados foron postos esta mañá a disposición do Xulgado de Instrución de Caldas de Reis que dispuxo a súa liberdade provisional con cargos.

4 de setembro de 2015 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.