publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil detén a tres menores como autores do asalto á reitoral de Domaio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoañaPortada esquerdaSucesosVigo
A-
A+
Rexistro no domicilio dos acusados

Rexistro no domicilio dos acusados

A Garda Civil detivo a tres persoas como supostas autoras do roubo con violencia e intimidación que se perpetrou na casa reitoral de Domaio, pertencente  ao municipio de Moaña o pasado día 7 de agosto. O párroco tivo que ser hospitalizado varios días polas lesións. A investigación estivo a cargo do Equipo de Policia Xudicial de Cangas que, tras quince días de investigación, análise de probas e servizos de seguimento e vixilancia en Vigo, conseguiu identificar e deter a tres menores de idade pola súa vinculación cos feitos.

Trátase de tres menores de nacionalidade romanesa pero con residencia na cidade olívica e idades comprendidas entre os 16 e os 17 anos. A colaboración veciñal e as achegas de varias testemuñas así como a declaración testifical da propia vítima foi decisiva para o éxito da operación e a resolución do caso.

Un dos detidos conta con antecedentes similares por outro roubo con violencia e resultado de lesións rexistrado este ano en Vigo.

Onte practicáronse os correspondentes rexistros nos  domicilios dos arrestados en distintos puntos de Vigo, incautándose varios efectos de procedencia descoñecida, entre eles: dous computadores portátiles, unha cámara de vídeo, un teléfono móbil e unha pistola eléctrica de pintar. 

Os mozos detidos serán postos durante a mañá de hoxe a disposición da Fiscalía de Menores en Pontevedra.

3 de setembro de 2015 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.