publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo contribúe a potenciar a oferta cultural e social de Negueira de Muñiz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoNegueira de Muñiz
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

A Deputación de Lugo involúcrase na potenciación da oferta cultural e social de Negueira de Muñiz e atende á petición do Concello sobre a colaboración da administración provincial coa Romaría Virxe da Veiga. A presidenta, Elena Candia, firmou un convenio de colaboración co alcalde da localidade, José Manuel Braña, regulador da subvención nominativa outorgada á administración local para contribuír con 3.000 euros nos gastos que supuxeron a organización da Romaría Virxe da Veiga.

Candia defendeu a importancia de colaborar con este tipo de eventos que contribúen á dinamización dos concellos e que permiten atraer visitantes ao municipio e, polo tanto, de xeito indirecto teñen un efecto positivo tanto na mellora da oferta turística como na economía local.

Por último, a presidenta da institución incidiu no compromiso da Deputación de Lugo de cooperar cos concellos da provincia e de atender as súas necesidades en igualdade de condicións e con independencia da cor política do Goberno de cada unha das administración locais.

9 de setembro de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.