publicidade hoxe

A Deputación de Lugo colabora na organización do primeiro encontro de mulleres con discapacidade na provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoXove
A-
A+

A vicepresidenta daDeputación, Mari Teijeiro, asistiu esta mañá ao primeiro encontro de mullerescon discapacidade na provincia, centrado nas temáticas de saúde e alimentación,e que se celebra hoxe na localidade de Xove. A vicepresidenta da Deputación considera este encontro como “unhaoportunidade para debater e reflexionar sobre a realidade das mulleres condiscapacidade, e das mulleres no rural, factores que reforzan situacións conmaiores niveis de discriminación”.

Teijeiro amosouse convencida do valor real desta iniciativa, “quetranscende moito máis alá de calquera análise”, e agradeceu a labor deACADAR, a Asociación de Mulleres Galegas con Discapacidade, que traballa polaigualdade así como a inclusión e o empoderamento, neste caso de mulleres qestán nunca situación de maior vulnerabilidade.

Para a responsable de Benestar doente provincial “as administraciónstemos un papel fundamental, traballar para derribar barreiras e lograr que aigualdade de oportunidades sexa real e efectiva, pero necesitamos do tecidoasociativo e das redes de mulleres”. Nese senso, Teijeiro desexou que”este fose o primeiro de moitos encontros nos que poder compartir éxitos eavances no traballo da integración social”.

A administración provincial colabora no financiamento deste acto,organizado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR). A presidenta daDeputación, Elena Candia, asinou oconvenio regulador dunha subvención de case 5.000 euros coa responsable deACADAR, Mónica Álvarez, para sufragar os gastos deste programa posto en marchapola entidade.

Proxecto Nos+Otras: en Red

Durante o encontro en Xove, tamén se presentou o proxecto que pon en marchaa Rede Museística Provincial e o Museo Thyssen, baixo o nome de Nos+Otras: en Red. Este proxecto contacoa participación de numerosos artistas, colectivos e asociacións de mulleres,así como educadoras e educadores de museos de diferentes países, traballando encomún para facer do museo un espazo de creación feminina. A partir de talleresde artistas traballarase para xerar propostas en diferentes formatos que serecollerán nunha exposición final. O obxectivo é o de crear un espazopermanente no que traballar e reflexionar sobre cuestións de xénero, educaciónen valores, campañas contra o maltrato e programas de diálogo intercultural einterrelixioso.

28 de setembro de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.