publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña destina 75.000 euros ao acondicionamento e sinalización da “Ruta do Medievo” entre Betanzos e Cabo Ortegal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBetanzosCariño
A-
A+

A Deputación da Coruña financia, no marco dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para a promoción e mellora do Camiño Inglés, as obras de acondicionamento e sinalización da denominada “Ruta do Medievo” ou “Ruta de Santo André”, entre Betanzos e Cabo Ortegal, de xeito que permita a súa utilización e tránsito para sendeiristas, turismo ecuestre e BTT.

Os traballos, que foron adxudicados o pasado mes de agosto por 74.899 euros e comezaron estes días, inclúen ademáis a instalación da sinalización para os camiñantes e a edición de folletos explicativos deste sendeiro de Gran Recorrido (GR50) de 90 quilómetros, que discorre entre a antiga capital do Reino de Galicia e o enclave natural do Chelo, ata a incomparable paisaxe de Punta dos Aguillóns e Vixía Herbeira, os cantís máis altos sobre o nivel do mar da Europa continetal, con 613 metros de altura.

A ruta que se trata de recuperar e promocionar con este proxecto ofrece un itinerario de alto interés turístico, pois discorre por enclaves de valor patrimonial como o os mosteiros de Monfero e Caaveiro ou os castelos de Naraío e Moeche, e por paraxes naturais singulares como as Fragas do Eume ou a Serra da Capelada.

As accións previstas no proxecto inclúen o desbroce e adecuación das sendas para o seu uso a pé ou en bicicleta, e a instalación de sinais en soportes naturais (rocas,muros,etc..), de postes cilíndricos indicadores con baliza para marcar o itinerario, paneis informativos e flechas direccionais que axuden a orientar e situar aos sendeiristas. Ademáis editaranse 10.000 folletos informativos, que incluirán un plano da ruta.

18 de setembro de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.