publicidade hoxe

A defensa de Basterra nega tratar de trasladar a culpa a Rosario Porto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A avogada Belén Hospido, que defende a Alfonso Basterra no xuízo no que tanto el como a súa exmuller están acusados de asasinar a súa filla Asunta, negou que o seu propósito no escrito de conclusións fose tratar de “trasladar a culpa” a Rosario Porto cando se refire a quen compraba o medicamento ‘orfidal’ que se achou no corpo da nena e quen o administraba.

Segundo explicou na súa intervención, que tivo lugar despois das do fiscal, a acusación popular e o letrado de Porto, Hospido explicou que o seu defendido “acudiu a un médico para pedir que lle receitase orfidal a el para darllo” á súa exmuller. “Fíxoo porque cría que Porto estaba nunhas circunstancias anímicas nas que el podía colaborar. Foi o seu xeito de contribuír a que ela se curase”, argumentou.

Nun ton que ela mesmo recoñeceu que se podería cualificar de “lacrimóxeno”, denominación que rexeitou, a letrada asegurou que “non hai proba de cargo” e interpelou os membros do xurado para dicilos que “Asunta merece que se xa tivo a desgracia de (…) resultar morta, polo menos que a determinación de quen foi ou quen non foi se faga dun xeito xusto, sensata, ordenada e chegando ao resultado que sexa”.

30 de setembro de 2015 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.