publicidade hoxe

A conselleira de Traballo analiza co alcalde de Betanzos diversas liñas de colaboración en materia de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Betanzos. Foto: M. Fuentes

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Betanzos. Foto: M. Fuentes

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe na Coruña unha xuntanza co alcalde de Betanzos, José Ramón García, na que analizaron, entre outros asuntos, diversas liñas de colaboración en materia de emprego. Mato lembrou que ao longo deste ano o Concello de Betanzos recibiu en diferentes axudas do departamento autonómico preto de 60.000 euros no eido laboral, e na área social destacou o incremento do apoio en materia de servizo de axuda no fogar cunha partida que supera os 240.000 euros.

28 de setembro de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.